domingo, 10 de mayo de 2015

Google Maps

1) Qué é?
É un servidor de aplicación de mapas na web que se lanzou no ano 2005, está dispoñible en 18 idiomas, e pertence a Google. Ofrece imaxes de mapas desprazables, así como fotografías por satélite do mundo e incluso a ruta entre diferentes ubicacións ou imaxes a pé de rúa (Google Street View).

2) Para que se usa?
Utilízase para buscar un lugar determinado, e ademais podes ver tamén fotos subidas por usuarios de Panoramio, ver restaurantes, o tráfico en tempo real, transporte público, o relevo...
Tamén se poden crear mapas personalizados, seguindo os seguintes pasos:
1) Entrar en Google maps, e rexistrarse coa conta de Gmail.
2) Clicar dúas veces na barra de direccións, na esquina superior esquerda.
3) Sale un menú despregable, dámoslle a crear, e sáenos a pantalla seguinte:

3) Cómo se usa?
1. Facer unha búsqueda
Desde aquí pódese buscar un lugar, introducindo o seu nome. Tamén, facendo clic no cadro de búsqueda pódense obter indicacións e ver as búsquedas recentes.
2. Tráfico e relevo.
Facendo clic, nesta pestana, podemos ver o tráfico, tanto o actual coma o típico, e tamén o relevo.
3. Obtén indicacións.
Facendo clic aquí, podemos ver como chegar ata o lugar, tanto en coche, en transporte público, ou andando, e ver o tempo que nos leva.
4. Consulta os resultados.
Os resultados de búsqueda aparecen no mapa, e os marcadores máis grandes indican os resultados principais. Facendo clic en calquera resultado, podemos ver máis información, obter indicacións… os detalles amósanse debaixo do cadro de búsqueda.
5. Ve o mundo en satélite.
Facendo clic na esquina inferior esquerda, podemos ver o mapa, mediante imaxes de satélite.
6. Sitúa unha chincheta ou explora o mapa.
Facendo clic en calquera zona do mapa, situamos unha chincheta, e así podemos ver a información dese lugar debaixo do cadro de búsqueda.
7. Fai clic co botón dereito para acceder a máis opcións.
Facendo clic co botón dereito no mapa, podemos medir as distancias entre varios puntos, explorar o mapa, ou obter indicacións dende un lugar a outro.
8. Informa de un problema.
Clicando aquí, pódese informar a Google Maps, de problemas que haxa no mapa, como unha empresa que cerrara, ou unha carretera que non teña o nome correcto.
9. Street View e fotos.
Pinchando no boneco laranxa, e arrastrándoo hasta o mapa, podemos ver a rúa tal e como é. Se pinchamos no símbolo >>, podemos ver tamén fotos do lugar no que nos atopamos.

4) Onde se usa?
Na seguinte ligazón

5) Ligazóns interesantes

6) Ligazóns a titoriais:
Cómo crear un mapa?
videotitoriais:

7) Exemplos de uso