Xogadores de tenis

Ola!
Hoxe vouvos falar de Rafael Nadal, e Serena Williams, un xogador e unha xogadora de tenis, coñecidos a nivel mundial:

Rafael Nadal:

Naceu en Mallorca no 1986.
Comezou a xogar con 3 anos, e agora ten 28.
Actualmente é considerado o xogador nº 3 do mundo, detrás de Novak Djokovic e Roger Federer, aínda que nalguna ocasión (no 2008) estivo á cabeza deste ranking.
Aquí podedes ver a clasificación actual de tenis masculino.
Entre os seus premios, destaca a medalla de ouro que gañou nos Xogos Olímpicos de 2008.
É o único xogador na historia que gañou 9 torneos do mesmo Grand Slam, concretamente do Roland Garros.


Serena Williams

É unha xogadora estadounidense, que estivo clasificada durante 200 semanas, como xogadora nº1, no ranking WTA.
É a irmá menor doutra xogadora de tenis, Venus Williams.
Entre os seus premios, destacan as catro medallas de ouro nos Xogos Olímpicos, e ademais é a única xogadora que completou o Golden Slam de carreira, en ambas modalidades, individuais e dobles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario